14 ago 2010

postheadericon Aproveitando o mes de agosto o SERGAS continúa co proceso de privatización do novo hospital de Vigo

Mañá domingo día 15 de agosto, aproveitando o período de descanso vacacional estival, o SERGAS pretende asignar con carácter urxente a unha empresa privada, a tarefa de avaliar as propostas de licitación do contrato para a redacción do proxecto técnico, o financiamento, a construción e a explotación do novo hospital de Vigo.
Esta decisión mostra que a administración sanitaria galega:

  1. Pretende completar o proceso de privatización do novo hospital xa que ata a decisión de asignar o contrato encoméndase a unha empresa privada. Deste xeito o sector privado acapara todo o proceso, mentres os cidadáns galegos págano cos seus impostos.
  2. Esta decisión vaise a realizar novamente con total ausencia de transparencia, aproveitando a desmovilización do mes de agosto, para que a cidadanía que mostrou masivamente o seu rexeitamento á privatización, non sexa consciente da mesma
  3. O SERGAS mostra tamén un desprezo total dos seus propios técnicos ao recorrer a empresas privadas para realizar actividades propias do sistema sanitario público. Deixar esta decisión en mans do sector privado supón unha vulneración da Lei Xeral de Sanidade por abandono das funcións de autoridade sanitaria que lle corresponde á Consellería de Sanidade.
  4. Resulta indignante e escandaloso que mentres se reduce o orzamento sanitario para aforrar gasto (por exemplo os orzamentos sanitarios reducironse en 23 millón mentras que este verán multiplicouse o peche de camas e quirófanos nos centros sanitarios), destínese máis dun cuarto de millón de euros a realizar unha actividade que poderían realizar perfectamente, e sen ningún custo adicional, os técnicos do sistema público galego.
  5. O SERGAS (presidido por unha coñecida profesional que ata o momento de acceder ao cargo traballaba de xerente nun centros sanitario do principal grupo empresarial privado dono de POVISA), continúa así coa estratexia de destrución e privatización do sistema sanitario público xa que ademais de deixar en mans privadas a xestión e construción do novo hospital de Vigo, pagase por unha obra orzada en menos de 300 millóns de euros máis de de 1.400 millóns, que se comezase a pagar a partir do ano 2013 a razón de 71 millóns de euros anuais.


Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger