22 abr 2014

postheadericon O traslado do laboratorio central ao Meixoeiro supón un novo recorte e a perda do carácter estratéxico do NHV

A decisión de trasladar o Laboratorio Central da área sanitaria de Vigo ao Hospital do Meixoeiro vén corroborar, unha vez máis, a política de recortes de recursos e a perda de carácter estratéxico do Novo Hospital de Vigo, que cada vez está máis claro que acabará sendo un hospitalito, en lugar do que Vigo necesita e tiña planificado antes da privatización.
Non é razoable que este novo centro careza de laboratorio central que é un servizo esencial para pechar os procesos diagnósticos, que debería estar o máis preto posible dos servizos clínicos, especialmente dos de urxencia. Non se entende un Hospital como o de Vigo sen un Laboratorio Central (Core). Sábese que o Meixoeiro carece de espazo para albergar un Core como o que estaba planificado con Laboratorio de Análises Clínicas e Microbioloxía, Anatomía Patolóxica e Xenómica e Bioloxía Molecular. Vaise a reducir a un mero laboratorio de funcionamento diario como primeiro paso para a privatización do servizo.
Entre as causas desta decisión estarían o afán de reducir custos de edificación ás concesionarias privadas e o seu posible privatización xa que o SERGAS asignou o Laboratorio Central de Galicia para probas tecnolóxicas a un laboratorio de Vigo e a outro catalán.
As consecuencias da estratexia de privatizar o financiamento, construción e xestión do Novo Hospital serán desastrosas para o novo centro e a poboación asistida: redución de camas, equipamiento e superficie; perda de servizos de referencia (os de maxilofacial e cirurxía cardíaca previstos para Vigo acabaron en Santiago parece que a cambio de favores persoais); atraso na entrega da obra (a empresa pediu unha nova prórroga dun ano para entregar o hospital) e mantemento do concerto singular con POVISA e todo a un custo exorbitado ten veces superior ao real.
Desgrazadamente as nosas previsións cúmprense inexorablemente.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
28 mar 2014

postheadericon A Xunta tamén privatiza os laboratorios

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere mostrar o seu rexeitamento ás novas privatización es do sistema sanitario público galego adoptadas recentemente pola Xunta de Galicia e que supoñen un novo paso adiante na estratexia desmantelamento da Sanidade Pública na nosa Comunidade Autónoma:
  1. Consideramos  escandalosa a adxudicación a laboratorios privados (e de reducidas dimensións) todas as probas analíticas avanzadas, de xenética e de bioloxía molecular, cando temos uns laboratorios de alta cualificación e experiencia profesional nos Hospitais  Públicos con medios técnicos e humanos,  de recoñecido prestixio nos medios internacionais abalados con múltiples traballos e publicacións científicas:
      • Esta medida de privatización,  supón a marxinación e descapitalización dos laboratorios dos grandes hospitais públicos de Galicia,  nun paso mais na privatización por parcelas que esta a facer o Goberno da Xunta do Partido Popular da nosa Sanidade..  Esta medida  condena a os especialistas do sistema público a   obsolescencia, a marxinación científica e o despedimento no posto de traballo..
      • Pon en risco a confidencialidade dos datos xenéticos das persoas, que serán utilizados con fins comerciais polas grandes multinacionais que están detrás destes laboratorios presididos por personaxes relacionados empresarialmente coas mesmas (e con políticos do PP que entran e saen das administracións na chamada porta xiratoria) 
      • Os prezos das adxudicacións (que pódense considerar como temerarios e insostibles a medio prazo), permitiran a estes laboratorios quedarse coa concesión para posteriormente chantaxear á administración coa pechadura si non se lles incrementan o prezo (ao non existir alternativa pública para cubrir estes servizos, o exemplo do Concerto Singular de POVISA ilustra esta afirmación).
      • Pon novamente en evidencia a política da Xunta de Galicia de vender os recursos mais avanzados da nosa CCAA a empresas madrileñas, aragonesas, catalás ou multinacionais de paraísos fiscais.
  2. Tampouco parece aceptable a privatización o mantemento e fornezo energético do Complexo Hospitalario público de Ferrol e do Hospital Naval desa cidade, adxudicados a dúas empresas como Ferrovial e Endesa. A decisión é especialmente preocupante no caso de Ferrovial condenada recentemente por irregularidades e deficiencias nas súas construcións e con directivos que tamén presentan conflitos de intereses e que participan na porta xiratoria.
Recordamos que o orzamento en privatizacións para 2014 ascende a 1.624M de euros (50% do total).

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
28 marzo 2014

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger