7 jun 2017
CONCENTRACIÓN DIANTE DO CONCELLO O VENRES 2 DE XUÑO
As políticas de axuste e recortes destes últimos anos aplicadas tanto polo
goberno Central como na Xunta de Galicia,
devastaron a nosa Sanidade Pública.
Estas medidas aplicáronse baixo a idea que ten o PP sobre a sanidade, a
consideran, unha mercadoría da que sacar réditos a costa do sufrimento dos
cidadáns, sendo os usuarios e usuarios do sistema público os máis golpeados.
A Xunta de Galicia no
ano 2009 paralizou o “Plan de Mellora de Atención Primaria, esta medida, orixinou
un forte retroceso na dotación de recursos técnicos e humanos. Decontinuo a estes recortes, orixinouse un
grave deteriodo na calidade e capacidade
no seu funcionamento, no que en gran
medida está afectando tanto na prevención,
como na resolución e tratamento dos problemas da saúde da poboación.
A veciñanza do Morrazo, preto de 46.500 habitantes, vivimos
con indignación os orzamentos da Xunta de Galicia destes últimos anos, a non contemplarse partidas orzamentarias
destinadas a saldar os compromisos contraídos polo Sergas co Morrazo, como é a construción do Centro de
Alta Resolución e do Centro de Saúde
Aldán-O Hío.
Durante todo o mes de febreiro máis de 5.200 veciños e
veciñas de Cangas asinaron tanto nas rúas como en moitos locais voluntarios o manifestó
“POLA PERMANENCIA DO MÉDICO E DA ENFERMEIRA NAS URXENCIAS NO PAC DE
CANGAS”. Son numerosas as ocasións nas que os veciños/as acudimos ao Servizo de
urxencias do Pac de Cangas e atopámonos que non está nin o médico nin a
enfermeira para atendernos, debido a que o e tiveron que desprazarse a outra urxencia fóra do PAC.
A preocupación e
desesperanza con que vivimos en Cangas este problema choca de fronte coa política
de oídos sordos da Consellería de Sanidade, que non só non contesta ás numerosas solicitudes
de peticións de reunión que se lle solicita dende o goberno local, senón, que tampouco
quere escoitar as demandas que dende a Plataforma estamos a denunciar dende fai
moito tempo.
A CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE ALTA RESOLUCIÓN PARA O MORRAZO
A CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE SAÚDE DE ALDÁN - O HÍO
PERSOAL PERMANENTE NO
SERVIZO DE URXENCIAS NO PAC DE CANGAS
A INMEDIATA COBERTURA DA PEDIATRÍA EN ALDÁN
O REFORZO URXENTE DA TERCEIRA AMBULACIA PARA O MORRAZO
O FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE RADIOLAXÍA POLA TARDE
E O FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE REHABILIZACIÓN POLA TARDE
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: