6 feb 2017
Mañá martes 7 de febrerio
ás 19:30hs, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, convoca a
todas/os a unha chala- coloquio no Salón de Plenos do Concello de Cangas sobre ¿Qué
sabemos as mulleres dos protocolos de Xinecoloxía? .
A charla vai ser impartida polas médicas especialistas
en Xinecoloxía, Mercedes Santos Castroviejo e Sabela Iglesias Faustino, ambas exercen a súa
profesión no Servizo de Xinecoloxía do hospital Álvaro Cunqueiro.
A charla ten como obxetivo dar a coñecer ás mulleres os
dispositivos asistenciais sanitarios existentes orientados a promover de xeito
integral en cada unhas das diferentes etapas da evolución biolóxica e vital das
mulleres e así acadar de xeito integral un maior estado de benestar físico e
emocional.
Dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas
queremos promocionar a difusión da información aos cidadáns de temas de
interese relacionados no campo da saúde impartidos por profesionais da sanidade.
Nesta tarefa a Plataforma pretende xenerar un estado de opinión na sociedade para pór en
valor o seu dereito á protección da saude e así poder coñecer e valorar as políticas dos responsables públicos que están
obrigados a desenrolar programas sociais encamiñados cara esa protección.
Cangas, 6 de febreiro de 2017
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: