19 ene 2017
CANGAS TAMÉN SE MOBILIZA CONTRA OS RECORTES
NA SANIDADE PÚBLICA
A Plataforma en Defensa da
Sanidade Pública de Cangas, iniciou este martes unha campaña de recollida de
sinaturas entre os veciños para instar á Conselleria de Sanidade a resolver o
grave problema existente en Cangas
referente a situación do servizo do PAC de Urxencias.
Son numerosas as ocasión nas que
os veciños/as acudimos ao Servizo e atopamos que non están nin o médico nin a
enfermeira para atendernos, debido a que o equipo tivo que desprazarse a outra
urxencia fóra do PAC.
A Atención Primaria é a porta de
entrada á asistencia sanitaria, este primer nivel é o que está soportando dunha
maneira máis forte as medidas de recortes destes últimos anos. A paralización
en Galicia dende o ano 2009 do “Plan de Mellora de Atención Primaria” supuso a
perda dun total 392 prazas de médicos en Primaria, dende o principio da crise.
Non é primeira vez que a
situación do persoal do PAC de Urxencias é denunciado pola Plataforma e polos
propios profesionais diante dos responsables sanitarios e nos medios de
comunicación.
Son moitos compromisos
incumpridos pola Administración con Cangas, a Plataforma anima aos vecinos a
sumarse á recollida de sinaturas para esixir ao Conselleiro que reciba aos
vecinos para plantexarlle a situación real que estamos a padecer e arancarlle o
compromiso da construción do Centro de Alta Resolución.
O próximo venres pola maná estaremos
na Praza da Palma (fronte o Concello) a partir das once da mañá. Para todos
interesados tamén temos puntos de recollida en varios locais comerciais, no
Concello, no Centro de Saúde, e nas librerías de Vilafer e Maraxe.
Cangas 19 de xaneiro de 2017
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: