23 jun 2016
Chamamento da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública cara as próximas eleccións do 26 de xuño
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública fai un chamamento aos traballadores sanitarios do SERGAS e a cidadanía galega para que nas eleccións do próximo 26 de xuño teñan en conta que esta en risco o futuro do noso sistema sanitario público.
Nestes últimos 4 anos, grazas a maioría absoluta que desfrutou, o Goberno de Mariano Rajoy someteu á Sanidade Pública a un proceso de recortes, deterioro, desmantelamento e privatización que supuxeron un retroceso moi importante na calidade , no acceso aos servizos e na equidade. Este deterioro foi especialmente importante en Galicia onde Nuñez Feijjo aplicou dilixentemente as políticas mais neoliberais do Estado.
Consideramos que e necesario cambiar esta situación votando e esixindo ao novo goberno:
· Un financiamento suficiente para a Sanidade Pública.
· A paralización dos recortes
· A eliminación dos copagos e as exclusións a xovenes e inmigrantes, derrogando o Real Decreto Ley 16/2012
· reforzo da Sanidade Pública: repoñendo o emprego perdido e utilizando intensivamente os recursos públicos
Acabar coas privatizacións e recuperar o privatizado
E necesario un cambio de rumbo na política sanitaria que antepoña os dereitos das persoas por encima da débeda e os intereses das multinacionais.
Por todo iso, polo teu saúde e a de todos/as vota o 26 de xuño pola Sanidade Pública.
Asociación Galega para a a Defensa da Sanidade Pública
22 de xuño de 2016
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: