10 abr 2012

postheadericon Tentan endosarlle o fracaso da construción do Novo Hospital de Vigo aos que defenden un centro 100% público

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública da área de Vigo (SOS Sanidade Pública) fronte ás ameazas dos alcaldes da área sanitaria de recorrer a calquera tipo de medida para que o Concello de Vigo sufrague os cinco millóns de euros necesarios para a subministración eléctrica, saneamento e abastecemento do Novo Complexo Hospitalario de Vigo, quere comunicar que:
  1. Apoiamos a negativa do Concello de Vigo a asumir os custos destas acometidas xa que a Xunta de Galicia e a Consellería de Sanidade cambiaron as condicións do acordo subscrito entre o Concello para construír o novo centro hospitalario. A decisión de recorrer á colaboración privada supón trasladar a un consorcio empresarial privado (seleccionado pola multinacional Price Waterhase Cooper) a propiedade do novo centro durante polo menos 20 anos. Consideramos inaceptable que o Concello financie con diñeiro público as obras de infraestrutura dun hospital privado que busca o lucro empresarial.
  2. Cominamos aos alcaldes dos municipios a que reclamen da Xunta de Galicia e da Consellería de Sanidade toda a información sobre o novo Proxecto de Execución da Obra do novo hospital xa que é de dominio público (grazas á información publicada na páxina WEB pola empresa adxudicataria), que o proxecto de Novo Hospital sufriu importantes recortes para abaratar os seus custos ás empresas concesionarias e para manter ao hospital privado POVISA como hospital de área para os municipios de Moaña e Cangas, os do Valmiñor e a área de Coia de Vigo.
  3. Esiximos aos alcaldes dos municipios de Área Sur que en lugar de apoiar os interese políticos e empresariais da Xunta de Galicia e da Concesionaria Concessia, defenda os intereses sanitarios da cidadanía á que representan fronte ás políticas de recorte e privatización esixindo que o Novo Hospital recupere o seu carácter estratéxico e de Centro de Referencia para o tratamento do Cancro, investigación e a docencia, fundamentais para unha atención especializada de calidade da cidadanía e para o desenvolvemento económico e tecnolóxico da área.

Desde a Plataforma queremos denunciar:

  • O enorme atraso dunha obra que de acordo aos plans iniciais de financiamento público abandonados pola actual Consellería, debería estar practicamente rematado.
  • Que as empresas financeiras que forman parte da concesionaria carecen dos recursos económicos para continuar co proxecto xa que se atopan nunha situación económica moi complicada necesitando de fondos públicos do FROB para evitar a quebra.
  • Que consideramos as acusacións contra o Concello de Vigo como unha xustificación para paralizar unha obra que carece de financiamento para continuar como consecuencia dunha adxudicación interesada e da crise económica.

Chamamos á opinión pública de toda a área de Vigo e ás organizacións que a representan no ámbito social e institucional, a manifestar o seu rexeitamento aos recortes e atrasos na obra e a que esixan á Xunta de Galicia información transparente sobre o estado real do proxecto do Novo Hospital de Vigo.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger