14 abr 2012
A proxima reunión do Consello Interterritorial prevese que marque un antes e un despois
O mércores da próxima semana xuntaráse o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, organismo consultivo ao que acudirán as comunidades autónomas para "organizar" o maior ataque ao xa disminuido estado do benestar no Estado Español. A ministra tentou evitar que a impopularidade das medidas que se van poñer sobre a mesa lle sumen máis desgaste ao goberno central ao que xa pacedeu nos seus primeiros días de andadura con algúns sonoros "avisos". Para iso, colocouse un tanto á marxe para que foran os representantes autonómicos, coa Generalitat catalana nun lugar moi salientable, xa que, de momento, goza de maior apoio electoral, os que aparecesen como os verdadeiros promotores da introdución das duras medidas que causarán un inmediato rexeitamento da poboación, é dicir, o amplo repertorio de taxas e repagamentos postos en órbita nos últimos tempos. A imaxinación desplegada polo neoliberalismo rampante semella tan incrible como inagotable. Así, non faltarán:
O seguemento da folla de ruta da "troika" marcan un antes e un despois. De confirmarse estes designios só poderá paralos a mobilización masiva de toda a poboación afectada: as clases máis baixas, as que se encontran en proceso de empobrecemento e ata as chamadas clases medias, que se verán con dificultades para acceder ás prestacións privadas.
- o pagamento por hospitalización (10 € por día (proposta de Cataluña), polas das estadías, duchas, comidas (defendido por Feijoo) e, mesmo, polos sillóns de acompañantes nos hospitais (5 € x día en Cataluña)
- o pagamento farmacéutico por receitas (1 € en Cataluña) e por fármacos de prezo inferior a 2 € (suxestión das industria farmacéutica que goza de boa acollida),...
- a retirada da gratuidade do 100 % nos medicamentos para xubilados e pensionistas
- o pagamento polas tarxetas sanitarias e pola pola elección de médico (proposto Valencia)
- etc, etc.
O seguemento da folla de ruta da "troika" marcan un antes e un despois. De confirmarse estes designios só poderá paralos a mobilización masiva de toda a poboación afectada: as clases máis baixas, as que se encontran en proceso de empobrecemento e ata as chamadas clases medias, que se verán con dificultades para acceder ás prestacións privadas.
Etiquetas:
recortes
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: