25 mar 2012
A universalidade no punto de mira
En principio a maquinaria da propaganda dos grandes poderes económicos e financeiros posta en marcha para aplicar as políticas de axuste neoliberal, funciona en base a dúas instancias paralelas: a fragmentación e a manipulación dos instintos colectivos. Isólase un elemento para convertelo en centro impactante que provoque o inmediato e natural repudio social e, simultáneamente, manipúlase ese sentimento para denunciar os "perniciosos efectos intrínsecos" do estado do benestar e a necesidade de reformalo en aras da "xusticia social". Esta é unha das principais facetas da ofensiva ideolóxica da chamada "revolución conservadora" de ampla traxectoria e que, desde o inicio da crise económica, se concentra na destrución dos servizos públicos da vella Europa.
Por iso, o copagamento ou repagamento na sanidade para facelo dixerible á opinión pública é preciso adubialo cunha boa dose de demagoxia. Os cociñeiros neoliberais calculan que a puntualización "en función da renda" é o mellor condimento para facernos tragar as súas intencións privatizadoras. Porque, a fin de contas, quen vai estar de acordo con que Amancio Ortega obteña os mesmos beneficios sociais por parte da administración que un/ha traballador/a precario cun salario que non chega en moitísimas ocasións aos 1000 € mensuais? Pois, en principio, ninguén e é lóxico.
Sen embargo, o que está no punto de mira da escopeta de Feijoo neste caso é o principio da universalidade, que xunto aos de equidade, accesibilidade e solidariedade constitúen as pedras basilares do noso sistema público de saúde. Unha vez que se comenza a cobrar, ben sexa simbólicamente, polo "uso irresponsable" ou calquer outra desculpa "ad hoc", ábrese unha fenda no sistema con tendencia sempre a agrandar, que despois vai ser moi difícil tapar. A idea é comezar cobrando un 1 € por receita, pero o seguinte paso será pagar 20 € por consulta de urxencias e así sucesivamente. De feito o cobro de 10 € por extravío da tarxeta sanitaria está concibido como o "principio do principio" dun proceso que debe continuar coa aplicación doutras taxas. O pagamento por solicitar cambio de médico e outros trámites administrativos xa forman parte da folla de ruta que deu a coñecer no seu día o goberno da Generalitat valenciana. Como dí o dito popular, "Comer e rañar, todo é empezar". Polo tanto, actuemos xa agora antes de que sexa demasiado tarde.

Etiquetas:
copago
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: