7 mar 2012

postheadericon Sobre a ampliación de POVISA

Ante as informacións de que o Hospital POVISA de Vigo vai ampliarse en 14.000 metros cadrados para incrementar as súas camas (45 máis das actuais) e duplicar o número de quirófanos, cun custo de 15 millóns de euros, grazas á renovación do seu Concerto Singular co Servizo Galego de Saúde (Sergas), por outros 10 anos máis, a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo quere comunicar á opinión pública e aos profesionais e traballadores sanitarios da área que:

  1. A renovación do Concerto Singular vai ser novamente aproveitado por este centro privado para consolidar e ampliar a súa posición na área como provedor de servizos sanitarios con diñeiro público, facéndose aínda máis imprescindible a longo prazo.
  2. A ampliación do centro con diñeiro público, supón que POVISA foi capaz, unha vez máis, de condicionar o desenvolvemento do complexo Hospitalario Universitario de Vigo, que xa reduciu o número de camas de 1.490 a 900, para que POVISA manteña as súas 400 camas na área (estas ían ser integradas polo Novo Hospital no proxecto orixinal abandonado pola actual Consellería de Sanidade).
  3. É máis que probable que con esta ampliación, que duplica a capacidade cirúrxica de POVISA, o CHUVI pode ver ata minguado o seu proxecto na área cirúrxica.
  4. A ampliación e consolidación do POVISA como provedor de servizos para o SERGAS, xunto coa privatización e redución do Novo Hospital suporá a privatización total da atención Hospitalaria en Vigo, o mantemento dun modelo hospitalario fragmentado, disfuncional e a perda da esperanza de que Vigo conte cun gran centro estratéxico que reequilibre a área Sur co Norte de Galicia.
  5. Dende a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo esiximos á Consellería de Sanidade, dirixida por unha ex-xerente deste grupo empresarial, que faga público o proxecto do Novo Hospital, para que os cidadáns, sanitarios, autoridades e axentes sociais de Vigo coñezan dunha vez a auténtica natureza do mesmo.
Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger