26 mar 2012

postheadericon Moción sobre o CAR para ser tratada no Pleno do Concello

En sesión plenaria do Concello de Cangas de 7 de outubro de 2011, tras rexeitar unha moción de varios grupos municipais sobre o CAR do Morrazo, previa solicitude da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, apróbase unha proposta do sr. Alcalde que textualmente dicía: “O Concello de Cangas, proporá, segundo as condicións que marque a Consellería de Sanidade, un terreo que cúmpra cos requisitos necesarios para situar o C.A.R.” Tras a visita da Subdirectora de Infraestructuras do SERGAS para avaliar a idoneidade da parcela de Altamira algúns días despois, pasaron cinco meses sen que se volvese a falar do tema por parte do goberno municipal de Cangas.

O día 9 de novembro o Sr. Arrojo, Director Xeral de Recursos Económicos do SERGAS, na comisión 5ª do Parlamento galego dixo que era necesaria unha parcela duns 10.000 m. O día 17 de febreiro, na contestación dada no Parlamento de Galicia a unha petición do documento que debería conter o Plan Funcional do Centro, comprobamos que na “folla” que remitiu a Consellería especifícase como necesarios 3.455m de superficie construída.
Por outra banda, a alarmante pasividade da Consellería podemos interpretala como o abandono definitivo de este proxecto, malia os compromisos reiteradamente feitos públicos en sentido contrario.
Chegados a este punto os grupos municipais asinantes consideramos imprescindible e urxente a aprobación dos seguintes:
ACORDOS
1.- Instar á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia o envío de toda a documentación do Plan Funcional do CAR do Morrazo ao Concello de Cangas para avaliar as necesidades de un centro das características do C.A.R. para a nosa poboación.
2.- Instar á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a que defina cales son os requisitos que ten que cumprir os terreos que alberguen o C.A.R.

Cangas, 15 de marzo de 2012

Alternativa Canguesa de Esquerdas
Bloque Nacionalista Galego
Partido dos Socialista de Galicia - PSOE

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger