11 feb 2012

postheadericon Empresas construtoras do Novo Hospital de Vigo e os seus conflitos de intereses co PP

Construtora Puentes y Calzadas
Agustín Hernández
Cando o PP perdeu o poder en Galicia, Agustín Hernández (PP) abandonou a Xunta (agosto de 2005) para fichar por esta construtora, Puentes y Calzadas, e por SERCOYSA. Un ano antes de fichar pola compañía, sendo Director Xeral de Obras Públicas do último goberno de Manuel Fraga, no que Alberto Núñez Feijóo exercía de vicepresidente, Agustín Hernández outorgou a esta empresa construtora contratos por máis de 30 millóns de euros. Por outra banda, a empresa Puentes y Calzadas presentou a segunda peor das vinte ofertas económicas valoradas para a construción da chamada variante de Noia, obra que, finalmente, lle sería adxudicada. (1)
En marzo de 2009, tras gañar de novo o PP as eleccións galegas, regresa como Director de Infraestruturas á Deputación de Pontevedra, cuxo presidente é o popular Rafael Louzán.
Agustín Hernández, home de confianza de Núñez Feijóo, representou ao presidente galego no traspaso de poderes e é actualmente Conselleiro de Medio Ambiente na Xunta de Galicia.


Obras, Caminos y Asfaltos (OCASA)
Investigada pola Comisión Nacional da Competencia (CNC) xunto a outras cinco empresas por repartirse concursos. A CNC abriu un expediente sancionador por condutas tipificadas como "moi graves", ao ver "indicios racionais" de prácticas prohibidas nos concursos de obra pública aos que acudían, xa que actuaban como un cartel (2).
A empresa OCASA foi multada pola CNC con máis de 5 millóns de euros (Expediente S/0226/10).
O tres principais directivos da empresa OCASA con sede en Ourense, en concreto dous conselleiros delegados e o director financeiro, están imputados como presuntos autores dun delito fiscal e de falsidade documental. A querela da fiscalía e da Avogacía do Estado foi admitida a trámite por defraudar un millón de euro.

Hierros Santa Cruz
Telmo Martín, no centro
Malia o pago de 200.000 euros de diñeiro público a Price Waterhause Coopers (PwC)  pola selección das empresas que deberían financiar e construír o NHV, a maioría das entidades financeiras seleccionadas son insolventes e as construtoras subcontrataron á súa vez outras empresas, entre as que se atopa Hierros Santa Cruz, da que é administrador único Telmo Martín, segundo propia declaración pública de patrimonio. Telmo Martín era concelleiro do PP no concello de Pontevedra e principal defensor da privatización do seu hospital público. Nas pasadas eleccións do 20 de novembro foi elixido deputado polo PP ao congreso dos deputados (4º da lista de Mariano Rajoy)
A empresa Hierros Santa Cruz foi denunciada recentemente ao comezo das obras do NHV, xa que á súa vez subcontratou os seus labores a outras compañías portuguesas que pagan a 7 euros de media á hora (6) e cotizan polos seus empregados no país veciño.

Consideracións finais
O proxecto de construción dun hospital único para Vigo, con financiamento público (menos de 500 millóns con intereses incluídos) e xestión pública, con 1400 camas, suficientes para situar ao NHV na posición que se merece e que a poboación demanda hai anos, un gran hospital de referencia da área sur de Galicia e situar ao hospital de Povisa no lugar que lle corresponde, segundo a LGS (atención privada e atención pública complementaria), foi paralizado pola Xunta de Nuñez Feijoo coa escusa da crise e de falta de diñeiro público.
Como contrapartida ofrécennos un hospital moito máis pequeno (900 camas) e moito máis caro (1.700 millóns de euros con intereses incluídos), polo que non parece que sexa a crise a causa do cambio de proxecto, senon os enormes intereses cruzados das empresas seleccionadas co goberno da Xunta e os dirixentes do PP.
  1. A construción do NHV iniciouse recentemente e probablemente non se comezará a financiar até dentro de 4 ou 5 anos, desta forma, Nuñez Feijoo poderá  beneficiarse electoralmente sen ningún custo xa que o enorme canon, de 76 millóns de euros (60% do gasto corrente do CHUVI) herdarano os seus sucesores
  2. A diminución do número de camas do NHV permite manter o Concerto Singular con Povisa. A actual Conselleira de Sanidade e anterior xerente do Sergas, Rocío Mosquera foi directora da clínica da Esperanza, pertencente ao mesmo grupo empresarial.
  3. A PwC, consultora contratada para realizar a adxudicación do NHV, tivo  como xefe de servizos financeiros a Luis de Guindos (PP) exsecretario de economía con Rodrigo Rato no goberno de Aznar e é o actual Ministro de Economía con Rajoy.
  4. Bankia, unha das entidades financeiras da UTE seleccionada, está presidida por Rodrigo Rato, dirixente do PP. A CAM, recentemente vendida por 1 euro, tamén está relacionada con Rodrigo Rato xa que constituía con Bankia o grupo Ribera Salud. A outra entidade seleccionada,  Caja (3), é en gran parte propiedade da igrexa católica, institución así mesmo fortemente vinculada ao PP.
  5. A maioría das caixas de aforros seleccionadas, incluídas en Concessia Cartera, son insolventes ou recibiron axudas públicas polo que parece que máis que resolver o problema de déficit público da Xunta de Galicia pola construción do NHV veñen facer negocio co NHV, para compensar as perdas sufridas coa burbulla inmobiliaria
  6. A propia Acciona, xigante que lidera a UTE, pasou en catro anos dunha capitalización de 11.863 millóns á actual de 3.783 millóns .
  7. As empresas construtoras seleccionadas están imputadas en varias causas e/ou teñen conflitos de intereses co goberno da Xunta de Galicia (PP).
  8. Estas empresas subcontrataron a Hierros Santa Cruz, empresa dun parlamentario do PP no Goberno de España (Telmo Martín) imputado en varias causas.
  9. Telmo Martín á súa vez subcontratou os seus labores con empresas Portuguesas que pagan a hora a 2,8 euros e cotiza polos seus empregados no país veciño.
Nómina dos traballadores portugueses do Novo Hospital de Vigo

Que máis deberá pasar para declarar nula de pleno dereito a adxudicación e o financiamento privado do NHV por parte da actual Xunta de Galicia e retomar o proxecto dun gran hospital para Vigo con financiamento e xestión públicas?

(1) La Xunta adjudica una autovía a la segunda más cara de 20 ofertas. ElPaís.com 19/7/2010.
(2) Competencia investiga a cinco constructoras por repartirse concursos. El País. 24 de abril de 2010 El País. 20 de maio de 2011
(3) Imputados tres directivos de la empresa OCA por presuntos delitos de fraude y falsedad. Faro de Vigo.es. 22 de xullo de 2011
(4) Telmo Martin y Louro hacen públicos sus patrimonios.
(5) Zozobras del Nuevo hospital de Vigo. El País. 2 de outubro de 2011
(6) Obreros lusos trabajan en Galicia con salarios de 2,8 euros la hora. La Voz de Galicia. 13 de decembro de 2011

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger