11 feb 2012
Denuncia diante do Valedor do Pobo para que o SERGAS publique as listas de espera totais, incluíndo as non estruturais
A AGDSP presentou hoxe, día 10 de febreiro, unha denuncia ao Valedor do Pobo Galego para:
- Que o SERGAS, en cumprimento da actual normativa, publique as listas de espera totais, incluíndo a estrutural e a oculta (non estrutural), que se estima inclúe entre o 40 e o 50% máis de pacientes en espera. Actualmente a data de xaneiro de 2012 o SERGAS recoñece 30.305 pacientes en espera cirúrxica, 70.487 en espera de probas diagnósticas, e 184.984 en espera de consulta. En total 285.500 pacientes en espera no SERGAS. Se a isto lle engadimos os pacientes na lista OCULTA (143.000), serian 428.756 os pacientes pendentes de asistencia sanitaria.
- Que promova Recurso de Inconstitucionalidade polo incumprimento da Consellería de Sanidade do disposto no Real Decreto 1039/2011 de 15 de Xullo polo que se establece os Criterios Marco para garantir un Tempo Máximo de Acceso ás prestacións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde. Este RD establece que ningún usuario debería estar nunha lista oculta debendo continuar no rexistro de lista de espera que debe ser público aínda que rexeite un centro concertado como alternativa á realización da asistencia.
- Que o Valedor inste á Consellería a que sen máis demora publique as listas de espera totais incluíndo as ocultas.
Etiquetas:
agdsp,
listas de espera
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: